miércoles, 24 de octubre de 2012

Balance-Opinión

+¿Que din os rumorosos? -Que somos un pouco idiotas...

Hai tres días que Galicia volveuse a condear ó fracaso elixindo e dándolle máis poder o Partido Popular Galego. Sigo sin comprender como puido pasar, estando como está toda a xente...

¿Onde está esa xente que se manifesta? Toda esa xente, que non para de queixarse, de que estanlle a quitar o traballo, que lles baixan as pensions, etc etc.. ¿Que fixestedes?

So darlle máis poder ó opresor, nada máis. Podedes sentiros ben con vos mesmos..
Gracias por facer que nos opriman máis a todos.

jueves, 18 de octubre de 2012

¿Que entendes por austeridade?

Hai uns días recibín na miña casa, as correspondentes cartas dos partidos políticos, pedindo o voto.
A verdade e que a maioría sorprendéronme, xa que ainda que todo custa cartos, a propaganda era moi simple e directa.

Todo ía ben ata que chego a ler unha das cartas, que xa non era de papel normal, era un papel plástico (que ainda que pareza mentira, custa moito máis que o papel normal) con moitas cores. Non quedaba aí a cousa, se non que estaba repleto de panfletos á miña imaxe inútiles, e que o único que se consegue e derrochar o pouco diñeiro que xa hai.

Necesario?
Non. Simplemente é demagoxia pura. Fártanse de falar de que hai que recortar.. Énchenselles a boca ó pronunciar a palabra austeridade... Austeridade para quen? Austeridade para a cidadanía, para o pobre sector obreiro.

Xa está ben, estamos fartos de tanta mentira.

domingo, 14 de octubre de 2012

Benvidos!

Hola a todos e tod@s e benvidos ó meu blog!

Aínda que son novo nisto dos blogs, intentarei acostumarme a escribir
e poder compartir os meus pensamentos e inquedanzas aquí, con todos vos.

Anímovos a participar conmigo e a escribir as vosas opinións en forma
de comentarios.

Un saúdo!