jueves, 18 de octubre de 2012

¿Que entendes por austeridade?

Hai uns días recibín na miña casa, as correspondentes cartas dos partidos políticos, pedindo o voto.
A verdade e que a maioría sorprendéronme, xa que ainda que todo custa cartos, a propaganda era moi simple e directa.

Todo ía ben ata que chego a ler unha das cartas, que xa non era de papel normal, era un papel plástico (que ainda que pareza mentira, custa moito máis que o papel normal) con moitas cores. Non quedaba aí a cousa, se non que estaba repleto de panfletos á miña imaxe inútiles, e que o único que se consegue e derrochar o pouco diñeiro que xa hai.

Necesario?
Non. Simplemente é demagoxia pura. Fártanse de falar de que hai que recortar.. Énchenselles a boca ó pronunciar a palabra austeridade... Austeridade para quen? Austeridade para a cidadanía, para o pobre sector obreiro.

Xa está ben, estamos fartos de tanta mentira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario