domingo, 2 de diciembre de 2012

Mitos e Lendas da Terra de Trasancos

Primeiro de todo.. ¿Por que Trasancos? ¿Por que ese nome?

Nace hai uns 5000 anos, apegado aos xeitos de vida dos seus habitantes que se dedicaban intensamente a agricultura e gandería. Como habia escasez de terras de cultivo, porque a paisaxe era virxen, recorrían ó  lume para amansar os montes andes de plantar os cultivos. Cando a terra perdía a fertilidade, buscaban outro lugar e facían o mesmoM de ahí o nome de Trasancos (tamén chamado Tartares). Este nome ten raíz indoeuropea e significa "Os que queiman o monte para cultivar".

"Lenda da Pena Molexa" 

Esta lenda, recréase todos os anos en Narón.
"Conta a tradición que na mañá de San Xoan, no crepúsculo pódese encontrar una bela Moura que peina o seu fermoso cabelo cun peine de ouro. O primeiro mortal que a contemple pode escoller entre todos os tesouros que ten, pero desgraciadamente, nunca atinan, e en vez de escollela a ela, escollen outro tesouro que converteríase máis tarde en carbón. A moura, volveríase invisibel para todos os humanos ata o seguinte crepúsculo de San Xoan; e dicir, durante todo un ano".



Ubicación: Localización Pena Molexa

"Lenda de Doniños"

Lago de Doniños.
Hai moitas versións desta lenda, pero esta vez, quedareime co relato dunha amiga que vive alí e sempre lle contaron a historia desta forma.

"Conta a lenda, que no axuntamento de Serantes, había unha vila habitada por Paganos. Unha parella tiña a súa casa alí, pero separada de todos eles. Un peregrino, pasou un día pedindo axuda e ninguén deulle de comer ni de beber, excepto esa parella. Ó día seguinte, marcharase esta parella, e cando volveron encontraron a vila xa non estaba, fora cuberta polo que agora é o Lago de Doniños, e o nome ven, porque no lugar donde eles vivían, apareceron dous nenos nunhas cestas de mimbre".

Ubicación: Lago de Doniños.

¿Que é Galicia Para Min?

Que podería decir.. Galicia o é todo para min.. O meu fogar.. A miña terra.. A miña xente..
O meu idioma.. Galicia é indescriptible.. é.. como un pequeño paraíso aloxado no planeta terra..
un paraíso onde nada é constante, nin sequera o tempo.. onde cada vez que rompe unha ola, a tua alma enternécese.. onde existen os mellores manxares do mundo enteiro.. ¿Que é iso do Caviar? Non hai nada mellor cun caldo de berzas! Onde a xente maior son tan sabios que saben que tempo facerá o día seguinte con só mirar o ceo.. Onde a morte está presente ata na nosa mitoloxía... A Santa Compaña.. Que Mediño!!
A Santa Compaña



Galicia é todo iso e moito máis.. Por algo estiveron os nosos ancestros tan maravillados aquí! ¿Por qué senon? Terra de músicos.. de grandes deportistas.. de lendas..



Síntome orgulloso de ser galego, por todo iso e moito mais, e se volvese a nacer e me deran a escoller onde nacer, escollería a Galicia sen dubidalo.




miércoles, 24 de octubre de 2012

Balance-Opinión

+¿Que din os rumorosos? -Que somos un pouco idiotas...

Hai tres días que Galicia volveuse a condear ó fracaso elixindo e dándolle máis poder o Partido Popular Galego. Sigo sin comprender como puido pasar, estando como está toda a xente...

¿Onde está esa xente que se manifesta? Toda esa xente, que non para de queixarse, de que estanlle a quitar o traballo, que lles baixan as pensions, etc etc.. ¿Que fixestedes?

So darlle máis poder ó opresor, nada máis. Podedes sentiros ben con vos mesmos..
Gracias por facer que nos opriman máis a todos.

jueves, 18 de octubre de 2012

¿Que entendes por austeridade?

Hai uns días recibín na miña casa, as correspondentes cartas dos partidos políticos, pedindo o voto.
A verdade e que a maioría sorprendéronme, xa que ainda que todo custa cartos, a propaganda era moi simple e directa.

Todo ía ben ata que chego a ler unha das cartas, que xa non era de papel normal, era un papel plástico (que ainda que pareza mentira, custa moito máis que o papel normal) con moitas cores. Non quedaba aí a cousa, se non que estaba repleto de panfletos á miña imaxe inútiles, e que o único que se consegue e derrochar o pouco diñeiro que xa hai.

Necesario?
Non. Simplemente é demagoxia pura. Fártanse de falar de que hai que recortar.. Énchenselles a boca ó pronunciar a palabra austeridade... Austeridade para quen? Austeridade para a cidadanía, para o pobre sector obreiro.

Xa está ben, estamos fartos de tanta mentira.

domingo, 14 de octubre de 2012

Benvidos!

Hola a todos e tod@s e benvidos ó meu blog!

Aínda que son novo nisto dos blogs, intentarei acostumarme a escribir
e poder compartir os meus pensamentos e inquedanzas aquí, con todos vos.

Anímovos a participar conmigo e a escribir as vosas opinións en forma
de comentarios.

Un saúdo!