domingo, 2 de diciembre de 2012

Mitos e Lendas da Terra de Trasancos

Primeiro de todo.. ¿Por que Trasancos? ¿Por que ese nome?

Nace hai uns 5000 anos, apegado aos xeitos de vida dos seus habitantes que se dedicaban intensamente a agricultura e gandería. Como habia escasez de terras de cultivo, porque a paisaxe era virxen, recorrían ó  lume para amansar os montes andes de plantar os cultivos. Cando a terra perdía a fertilidade, buscaban outro lugar e facían o mesmoM de ahí o nome de Trasancos (tamén chamado Tartares). Este nome ten raíz indoeuropea e significa "Os que queiman o monte para cultivar".

"Lenda da Pena Molexa" 

Esta lenda, recréase todos os anos en Narón.
"Conta a tradición que na mañá de San Xoan, no crepúsculo pódese encontrar una bela Moura que peina o seu fermoso cabelo cun peine de ouro. O primeiro mortal que a contemple pode escoller entre todos os tesouros que ten, pero desgraciadamente, nunca atinan, e en vez de escollela a ela, escollen outro tesouro que converteríase máis tarde en carbón. A moura, volveríase invisibel para todos os humanos ata o seguinte crepúsculo de San Xoan; e dicir, durante todo un ano".



Ubicación: Localización Pena Molexa

"Lenda de Doniños"

Lago de Doniños.
Hai moitas versións desta lenda, pero esta vez, quedareime co relato dunha amiga que vive alí e sempre lle contaron a historia desta forma.

"Conta a lenda, que no axuntamento de Serantes, había unha vila habitada por Paganos. Unha parella tiña a súa casa alí, pero separada de todos eles. Un peregrino, pasou un día pedindo axuda e ninguén deulle de comer ni de beber, excepto esa parella. Ó día seguinte, marcharase esta parella, e cando volveron encontraron a vila xa non estaba, fora cuberta polo que agora é o Lago de Doniños, e o nome ven, porque no lugar donde eles vivían, apareceron dous nenos nunhas cestas de mimbre".

Ubicación: Lago de Doniños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario